O San Pedro que palpita

Cristina Gómez está a piques de licenciarse en Xeografía e moi preto de deixar o piso de aluguer situado na rúa de San Pedro no que viviu nos dous últimos dous anos. Os motivos que no seu día xustificaron unha reticencia inicial a mudarse a un barrio de poboación envellecida en seguida caeron polo seu propio peso. Ela amósanos a cara do San Pedro máis novo, o que palpita en cada rúa.

No número corenta da rúa San Pedro vive Cristina Gómez. Estudiante de Xeografía, esta moza decidiu, xunto con outros dous compañeiros, alugar un piso no barrio hai dous anos. “Gustounos por varias razóns: para min era importante que me quedara preto da facultade e ademais apetecíanos vivir no casco vello pero sen pagar demasiado e tendo os servicios e comodidades da zona nova”, indica. Esta combinación de esixencias levoulles a elixir como o sitio máis indicado para vivir o barrio de San Pedro. “Estamos moi contentos porque é un barrio autosuficiente, con tendas, bares, autobuses… Non necesitas saír del para facer a túa vida diaria porque ofréceche todo o que precisas”, explica esta moza de vintedous anos que recoñece ter organizado algunha festa que outra pola noite: “Os caseiros viven debaixo nosa e o principio pensamos que podía ser un problema, pero para nada”.

A pesar deste alto índice de poboación anciá, Cristina sostén que San Pedro é un barrio ideal para a xente nova porque cubre igual de ben as necesidades dos anciáns e dos novos. “Vive todo tipo de xente. Mesturánse estudantes e xente maior, sobre todo, pero tamén hai algunhas familias. Nótase que hai moita xente maior, pero tamén que a zona se está rexuvenecendo porque cada vez se abren máis negocios propios para os novos e fanse actividades lúdicas e xuvenís”, explica, aludindo a diversos centros de clases particulares que se contan tan só na súa rúa e tendas de cómics e roupa para vintañeiros. “É unha zona con vida pero ó mesmo tempo máis tranquila que o casco novo”, resume Cristina para xustificar as razóns que converten a San Pedro nun barrio no que cada vez se afincan máis estudiantes.

Tras case dous anos, a estadía desta moza no barrio de San Pedro está a punto de rematar. Tras ela virán novos estudiantes que pasarán a formar parte da historia dun barrio “moi especial. Podería ser un barrio totalmente independente porque ten vida propia”, conclúe Cristina.

 

cimg0946.jpg

One response

30 05 2007

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: