O San Pedro que se foi

Elvira Rodríguez ronda os oitenta anos e leva case media vida vivindo no barrio de San Pedro. Ó tempo que advertía con resignación como medraban os seus fillos decatouse dos cambios que foron afectando ó seu entorno a medida que a modernidade se instalaba nel. O caso de Elvira é representativo do San Pedro de antano, un barrio que en boa medida xa non existe.

No centro de San Pedro, no número corenta da rúa homónima, vive Elvira Rodríguez, unha muller que aproveitou este lugar privilexiado para apreciar o medrar paulatino dun dos barrios con máis personalidade propia de Santiago. A extramuros do centro histórico da capital galega, San Pedro participa en estilo de vida e características urbanísticas do casco vello, non en van aquí atópase a entrada principal do camiño de Santiago que vén dende Roncesvalles.

Ante os ollos de Elvira foise modificando un barrio que, aínda con reservas, foi acollendo paseniñamente os aires de progreso que trouxo a modernidade. Unha das transformacións máis notables que viviu este barrio foi respecto a súa poboación. Se ben San Pedro foi tradicionalmente unha zona de residencia de poboación anciá, cada vez son máis os estudiantes que elixen o seu entorno para alugar un piso. “A xente agora tira moito para aquí porque é un sitio moi económico”, apunta Elvira, consciente do rexuvenecemento que está a vivir o seu barrio. Esta nova situación obriga a unha convivencia entre as necesidades de tranquilidade e sosego por parte dos maiores có estilo de vida desordenado e festivo dos estudiantes universitarios. Este mutuo entendemento non sempre é sinxelo, sobre todo entre veciños de edificio, pero non é o caso de Elvira, propietaria dun edificio alugado na súa maioría a estudiantes. “Eu, en contra do que se di por aí, prefiro arrendarlle os pisos a estudiantes que a familias. Ata agora nunca tiven ningún problema e ademais, como os universitarios marchan cada pouco tempo tes o piso dispoñible por se o necesitas”, declara Elvira.

Outro dos cambios máis notables que mudou o aspecto que hoxe en día presenta o barrio foi a apertura de numerosos establecementos e negocios do máis variado, algún dos cales, como varias tendas de golosinas, se dirixen a eses novos veciños. “Agora hai moitas tendas e restaurantes que antes non existían”, evoca Elvira ó tempo que defende cun sorriso a súa teima de que “este non é un barrio, é unha capital”. Con todo, admite que hai un aspecto no que o San Pedro empeorou xa que “antes había dous autobuses, un para arriba e outro para abaixo. Agora só hai un e perxudicounos moito”.

A construcción do barrio das Fontiñas, a escasos metros de San Pedro, foi outro dos aspectos que contribuíu a modificar a fisionomía do barrio e a dotalo de nova vida, dada a cantidade de xente que move cara a zona de Área Central. Todos estes cambios fan que, se ben se manteñen as rúas empedradas ou os vellos monumentos, aspectos menos visibles e máis profundos da vida do barrio, coma nos comentaba Elvira, xa non existan. Todos eles compoñen o San Pedro que se foi.

 

cimg0941.jpg

One response

29 05 2007

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: