San Pedro foi durante séculos o punto de entrada de peregrinos a Compostela e un dos barrios máis singulares da cidade. Elvira Rodríguez coñeceuno cando os estudiantes aínda non chegaran, as tendas eran escasas e o transporte público non retumbaba nas lousas do empedrado. Descubre da súa man o San Pedro que xa non existe.
San Pedro experimentou importantes cambios nos últimos anos, coa chegada masiva de estudiantes e a construcción das Fontiñas, que deron nova vida ó barrio e modificaron de xeito notable a súa fisionomía arquitectónica e humana. Cristina Gómez é unha desas universitarias que defende as peculiaridades dunha zona que xa se convertiu na súa segunda casa. Con ela percorremos o San Pedro que latexa.
UNHA REPORTAXE DE:
Pilar Caride Miana (Historia)
Milagros Méndez Otero (Asociacións culturais)
Marta Rivero Sanjuán (Historias enfrontadas)
Carmen Vidal Valiña (Asociacións veciñais)
Fotografías: Marta Rivero, Carme Vidal
e Milagros Méndez
Multimedia: Marta Rivero e Carme Vidal